INSCRICIÓN
Sábado, 08 de outubro ás 17 horas *

* Visita suxeita a mudanza por causa da explotación portuaria


PRAZAS




  • Sentímolo, xa non fican prazas para esta visita.

DATOS DE INSCRICIÓN


  • Visita completa



INFORMACIÓN

  • ROTEIROS GUIADOS POLO PORTO CORUÑÉS

    A Autoridade Portuaria da Coruña programa por segundo ano roteiros guiados polo porto interior. O obxectivo é achegar aos coruñeses e a quen nos visiten as características e a apaixonante historia do noso porto.

    A VISITA

    Para as visitas contamos con dous colaboradores de luxo: o guía turístico Suso Martínez e o xornalista, escritor e comisario de exposicións Rubén Ventureira. Da súa man, os asistentes poderán coñecer o pasado, presente e futuro do Porto da Coruña, con especial énfase nos acontecementos históricos que forxaron o desenvolvemento do porto e o carácter da propia cidade. Desde as expedicións científicas ata os episodios bélicos ou a chegada de personaxes ilustres, Martínez e Ventureira propoñen un percorrido ameno e didáctico acerca da primeira razón de ser da Coruña: o seu porto.

    AS DATAS

    As visitas desenvolveranse de 01 de outubro a 29 de outubro. A súa duración aproximada é de 90 minutos.

    PUNTO DE ENCONTRO E PERCORRIDO

    A camiñada parte do mural do porto situado na praza de Ourense e o percorrido consistirá nun paseo polo muelle de Calvo Sotelo. Este será o próximo muelle que se abrirá a usos cidadáns. Continúa así a iniciativa da Autoridade Portuaria de achegar o porto aos coruñeses, após a positiva experiencia obtida no pasado ano coa apertura do muelle de Batería a actividades culturais e de lecer.

    AS PRAZAS

    Fíxase un máximo de 30 persoas por cada visita.

    RESERVAS E CONDICIÓNS XERAIS

    • As visitas son gratuítas, reservando previamente na web oficial da Autoridade Portuaria.
    • Cada usuario pode efectuar reserva para un máximo de catro persoas.
    • Para unha correcta organización das visitas, é necesario completar todos os datos persoais que figuran no formulario.
    • O día da visita os asistentes deberán presentan o seu DNI con obxecto de verificar a súa inscrición.
    • O percorrido pode sufrir algunha modificación por causas de explotación portuaria. Isto non afectará a duración da actividade nin o ponto de encontro.
    • A visita tamén podería cancelarse por algunha situación extraordinaria. Nese caso, avisaríase a cada usuario rexistrado coa maior antecedencia posible.

    O OBSEQUIO

    A Autoridade Portuaria regalará a cada asistente unha reprodución das tres vistas portuarias da cidade realizadas polo pintor Mariano de Sánchez en 1792.

    PROTECCIÓN DE DATOS

    Os datos recabados por este formulario serán incluidos nun ficheiro de datos de carácter persoal cuxa finalidade é o control e ordenación das visitas. As preguntas marcadas nel incluidas, son de carácter obligatorio, polo que a súa non cumplimentación supón a imposibilidade da súa inclusión en dito ficheiro. Os destinatarios da información que se contén en dito ficheiro serán os responsábeis da División de Comunicación da Autoridade Portuaria. A Autoridade Portuaria da Coruña, con domicilio na Avenida da Mariña, 3 da Coruña e como responsábel do ficheiro, garante o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos facilitados. De igual modo, comprométese na utilización dos datos incluidos no ficheiro a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos dacordo coa finalidade do ficheiro.

    DÚBIDAS E CONSULTAS SOBRE A ACTIVIDADE