Apertura da anotación para o próximo ciclo de visitas: 15 de Xullo ás 12:00

INSCRICIÓN
Domingo, 30 de xuño ás 12 horas *

* Visita suxeita a mudanza por causa da explotación portuaria


PRAZAS




  • Sentímolo, xa non fican prazas para esta visita.

DATOS DE INSCRICIÓN


  • Visita completa



INFORMACIÓN

  • ROTEIROS GUIADOS POLO PORTO CORUÑÉS

    A Autoridade Portuaria da Coruña programa por cuarto ano roteiros guiados polo porto interior. O obxectivo é achegar aos coruñeses e a quen nos visiten as características e a apaixonante historia do noso porto.

    A VISITA

    Para as visitas contamos cun colaborador de luxo: o guía turístico Suso Martínez. Da súa man, os asistentes poderán coñecer o pasado, presente e futuro do Porto da Coruña, con especial énfase nos acontecementos históricos que forxaron o desenvolvemento do porto e o carácter da propia cidade. Desde as expedicións científicas ata os episodios bélicos ou a chegada de personaxes ilustres, Martínez propón un percorrido ameno e didáctico acerca da primeira razón de ser da Coruña: o seu porto.

    AS DATAS

    As visitas desenvolveranse de 25 de Maio a 20 de Outubro. A súa duración aproximada é de 90 minutos.

    PUNTO DE ENCONTRO E PERCORRIDO

    A camiñada parte do mural do porto situado na praza de Ourense e o percorrido consistirá nun paseo polo muelle de Calvo Sotelo. Continúa así a iniciativa da Autoridade Portuaria de achegar o porto aos coruñeses.

    AS PRAZAS

    Fíxase un máximo de 30 persoas por cada visita.

    RESERVAS E CONDICIÓNS XERAIS

    • As visitas son gratuítas, reservando previamente na web oficial da Autoridade Portuaria.
    • Cada usuario pode efectuar reserva para un máximo de catro persoas.
    • Para unha correcta organización das visitas, é necesario completar todos os datos persoais que figuran no formulario.
    • O día da visita os asistentes deberán presentan o seu DNI con obxecto de verificar a súa inscrición.
    • O percorrido pode sufrir algunha modificación por causas de explotación portuaria. Isto non afectará a duración da actividade nin o ponto de encontro.
    • A visita tamén podería cancelarse por algunha situación extraordinaria. Nese caso, avisaríase a cada usuario rexistrado coa maior antecedencia posible.

    O OBSEQUIO

    A Autoridade Portuaria regalará a cada asistente unha fotografía panorámica do porto coruñés realizada en 1916. Trátase dunha reprodución a gran tamaño, a partir dunha copia pertencente á Colección Bartolomé-Chavert, dunha postal orixinal publicada por Papelería de la Fuente.

    PROTECCIÓN DE DATOS

    Os datos recabados por este formulario serán incluidos nun ficheiro de datos de carácter persoal cuxa finalidade é o control e ordenación das visitas. As preguntas marcadas nel incluidas, son de carácter obligatorio, polo que a súa non cumplimentación supón a imposibilidade da súa inclusión en dito ficheiro. Os destinatarios da información que se contén en dito ficheiro serán os responsábeis da División de Comunicación da Autoridade Portuaria. A Autoridade Portuaria da Coruña, con domicilio na Avenida da Mariña, 3 da Coruña e como responsábel do ficheiro, garante o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos facilitados. De igual modo, comprométese na utilización dos datos incluidos no ficheiro a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos dacordo coa finalidade do ficheiro.

    DÚBIDAS E CONSULTAS SOBRE A ACTIVIDADE