ROTEIROS GUIADOS POLO PORTO CORUÑÉS
A Autoridade Portuaria da Coruña programa por quinto ano roteiros guiados polo porto interior. O obxectivo é achegar aos coruñeses e a quen nos visiten as características e a apaixonante historia do noso porto.
A VISITA
Para as visitas contamos cun colaborador de luxo: o guía turístico Suso Martínez. Da súa man, os asistentes poderán coñecer o pasado, presente e futuro do Porto da Coruña, con especial énfase nos acontecementos históricos que forxaron o desenvolvemento do porto e o carácter da propia cidade. Desde as expedicións científicas ata os episodios bélicos ou a chegada de personaxes ilustres, Martínez propón un percorrido ameno e didáctico acerca da primeira razón de ser da Coruña: o seu porto.
Este ano será dada especial relevancia ao 500 aniversario da expedición ás Molucas de Jofre de Loaísa, quen partiu do porto coruñés no 24 de xullo de 1525 e que deu orixe á segunda circunnavegación á terra.
AS DATAS
As visitas desenvolveranse de 31 de Maio a 28 de Setembro. A súa duración aproximada é de 90 minutos.
PUNTO DE ENCONTRO E PERCORRIDO
A camiñada parte do mural do porto situado na praza de Ourense e o percorrido consistirá nun paseo polo muelle de Calvo Sotelo. Continúa así a iniciativa da Autoridade Portuaria de achegar o porto aos coruñeses.
AS PRAZAS
Fíxase un máximo de 30 persoas por cada visita.
RESERVAS E CONDICIÓNS XERAIS
- As visitas son gratuítas, reservando previamente na web oficial da Autoridade Portuaria.
- Cada usuario pode efectuar reserva para un máximo de catro persoas.
- Para unha correcta organización das visitas, é necesario completar todos os datos persoais que figuran no formulario.
- O día da visita os asistentes deberán presentan o seu DNI con obxecto de verificar a súa inscrición.
- O percorrido pode sufrir algunha modificación por causas de explotación portuaria. Isto non afectará a duración da actividade nin o ponto de encontro.
- A visita tamén podería cancelarse por algunha situación extraordinaria. Nese caso, avisaríase a cada usuario rexistrado coa maior antecedencia posible.
PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos recabados por este formulario serán incluidos nun ficheiro de datos de carácter persoal cuxa finalidade é o control e ordenación das visitas. As preguntas marcadas nel incluidas, son de carácter obligatorio, polo que a súa non cumplimentación supón a imposibilidade da súa inclusión en dito ficheiro. Os destinatarios da información que se contén en dito ficheiro serán os responsábeis da División de Comunicación da Autoridade Portuaria. A Autoridade Portuaria da Coruña, con domicilio na Avenida da Mariña, 3 da Coruña e como responsábel do ficheiro, garante o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos facilitados. De igual modo, comprométese na utilización dos datos incluidos no ficheiro a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos dacordo coa finalidade do ficheiro.
DÚBIDAS E CONSULTAS SOBRE A ACTIVIDADE