ROTEIROS GUIADOS POLO PORTO CORUÑÉS
A Autoridade Portuaria da Coruña programa por sexto ano consecutivo roteiros guiados polo porto interior. O obxectivo é achegar a coruñeses e visitantes as características do porto e a súa apaixonante historia.
A VISITA
Para realizar as visitas, contamos cun guía de luxo: Suso Martínez. Da súa man, os asistentes poderán coñecer o pasado do Porto da Coruña, con especial énfase nos acontecementos históricos que marcaron o seu desenvolvemento e o carácter da propia cidade. Desde as expedicións científicas ata os episodios bélicos ou a chegada de personaxes ilustres, Martínez propón un percorrido ameno, didáctico e apto para todos os públicos. O contido renóvase respecto a anos precedentes e tamén o itinerario, que inclúe unha visita a unha importante infraestrutura portuaria do século XVIII (as bancadas do estaleiro dos Correos Marítimos, situadas na antiga Fábrica de Tabacos) e aos peiraos históricos da Palloza, Linares Rivas e Calvo Sotelo.
AS DATAS
As visitas desenvolveranse en maio, xuño, setembro, outubro e novembro, sempre a partir das 12 horas. A súa duración aproximada é de 90 minutos.
PUNTO DE ENCONTRO E PERCORRIDO
O roteiro parte do monumento ás cigarreras (Praza da Palloza) e termina na praza de Ourense. Visitarase parcialmente o interior da Cidade da Xustiza (antiga Fábrica de Tabacos), así como os peiraos da Palloza, Linares Rivas e Calvo Sotelo.
AS PRAZAS
Fíxase un máximo de 30 persoas por visita.
APERTURA DO PRAZO DE RESERVA
O prazo de anotación para as visitas de maio ábrese o 5 maio ás 12 horas. Para as de xuño, o 15 de maio ás 12 horas. Para as de setembro, o 15 de agosto ás 12 horas. Para as de outubro, o 15 de setembro ás 12 horas. Para as de novembro, o 15 de outubro ás 12 horas.
O código de cores do panel de datas das visitas é o seguinte: azul, visita seleccionada; gris, prazas esgotadas; verde, prazas libres; vermellas, prazas aínda non dispoñibles.
PRAZAS VACANTES
Non hai lista de espera. No caso de que persoas con praza reservada para a actividade renuncien á mesma, nos días e mesmo nas horas previas á visita habilitaranse as prazas que queden vacantes en rutas.puertocoruna.com
RESERVAS E CONDICIÓNS XERAIS
- As visitas son gratuítas, previa reserva na web oficial habilitada pola Autoridade Portuaria rutas.puertocoruna.com
- Cada usuario pode efectuar reserva para un máximo de catro persoas.
- Para unha correcta organización das visitas, é necesario completar todos os datos privados que figuran no formulario.
- O día da visita os asistentes deberán presentan o seu DNI co obxecto de verificar a súa inscrición.
- O percorrido da visita pode sufrir algunha modificación por causas de explotación portuaria. Isto non afectará á duración da actividade nin ao punto de encontro.
- O percorrido é accesible con carriños e cadeiras de rodas.
- A visita tamén podería cancelarse por algunha situación extraordinaria. Nese caso, avisaríase a cada usuario rexistrado coa maior antelación posible.
PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos recabados por este formulario serán incluidos nun ficheiro de datos de carácter persoal cuxa finalidade é o control e ordenación das visitas. As preguntas marcadas nel incluidas, son de carácter obligatorio, polo que a súa non cumplimentación supón a imposibilidade da súa inclusión en dito ficheiro. Os destinatarios da información que se contén en dito ficheiro serán os responsábeis da División de Comunicación da Autoridade Portuaria. A Autoridade Portuaria da Coruña, con domicilio na Avenida da Mariña, 3 da Coruña e como responsábel do ficheiro, garante o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos facilitados. De igual modo, comprométese na utilización dos datos incluidos no ficheiro a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos dacordo coa finalidade do ficheiro.
DÚBIDAS E CONSULTAS SOBRE A ACTIVIDADE